O xornal da nosa vila
Primeira Noticia naceu en agosto de 2019 coa intención de ofrecer información ao pé das rúas da Comarca de Ordes. As nosas páxinas recollen a actualidade mensual tendo sempre en conta o punto de vista da cidadanía dos nosos municipios.
Contamos o que pasa en Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Pero tamén temos en conta o noso tecido socioeconómico para destacar as noticias que se producen no contexto provincial, autonómico e nacional que atinxen á nosa poboación, analizar como nos afectan e recoller a reacción cidadá ao respecto.
Un proxecto consolidado
Con máis de cinco anos de traxectoria, a nosa cabeceira é xa un proxecto xornalístico consolidado e coñecido polo común da cidadanía. A través das nosas páxinas a veciñanza recibe a información de interese da administración local, provincial e autonómica, así como novas do ámbito cultural, social, empresarial e deportivo.
- Máis de 5 anos de traxectoria
- Edición mensual
- Tirada de 5.000 exemplares
- Integramente en galego
PRIMEIRA NOTICIA é o xornal imparcial de referencia na comarca de Ordes:
Cerceda | Frades | Mesía | Ordes | Oroso | Tordoia | Trazo